BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN NO SORTEO

INTRODUCIÓN

O presente sorteo, convocado por EDEBÉ EDUCACIÓN, S.L., Sociedad Unipersonal (en diante EDEBÉ), domiciliada en Passeig de Sant Joan Bosco, 62 08012 BARCELONA, e provista de CIF B-91.370.734, ten como finalidade a promoción do evento #DoutraManeira.

DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A Promoción iniciarase o día 08 de novembro de 2021 ás 9:00h e finalizará o 22 de novembro de 2021 ás 24.00h.

A partir do 23 de novembro de 2021 empezarase a contactar con todos os gañadores e reservas. 

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Residir en territorio nacional español (INCLUÍDAS Illas Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla).
  • Ser persoa física, maior de 18 anos no momento en que comece a presente promoción.
  • Para participar no sorteo só é necesario compartir a cita en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) con #DoutraManeira #EuDOM.
  • O usuario poderá participar tantas veces como desexe no sorteo.

CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN, COMUNICACIÓN DO GAÑADOR E PREMIOS

Queres asistir ao evento presencialmente?

Comparte a cita en redes sociais con #DoutraManeira #EuDOM e participa no sorteo de 10 entradas para asistir ao evento.

Ao remtar a promoción, e mediante un algoritmo propio, decidiranse os 10 gañadores e 10 reservas.

O gañador deberá responder as comunicacións que lle faga EDEBÉ aceptando o premio e facilitando os seus datos de contacto. No caso de que estes non respondesen nun prazo de 2 días desde a recepción do primeiro correo electrónico, pasaríase aos de reserva.

Aos premios aplicaráselles a Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas; o Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, que aproba o seu Regulamento; Lei 13/2011 do 27 de maio, de Regulación do Xogo, o Real Decreto 2069/1999, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Entidade Pública Empresarial Loterías e Apostas do Estado; o Real Decreto 3059/1966 do 1 de decembro, polo que se aproba o Texto Refundido de Taxas Fiscais; e demais disposicións concordantes así como a lexislación complementaria, modificativa ou substitutiva de toda a anterior, polo que, no seu caso, EDEBÉ non realizará o ingreso a conta ou a retención que resulte procedente.

PROTECCIÓN DE DATOS

Conforme co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais facilitados para participar no sorteo serán tratados baixo a responsabilidade de EDEBÉ EDUCACIÓN, S.L., Sociedad Unipersonal.

O participante autoriza que, en caso de resultar gañador ou reserva, os datos persoais facilitados, incluso a imaxe, poidan ser publicados en calquera medios de comunicación e en canles sociais coa finalidade de publicitar tanto os gañadores como a promoción, autorizando, ademais, a tomar fotografías da entrega de premios e, no seu caso, á súa publicación.

O participante cédelle a EDEBÉ EDUCACIÓN, S.L., Sociedad Unipersonal os dereitos de imaxe e de autor sobre as imaxes e textos incluídos nas publicacións presentadas nesta promoción.

O participante poderá, en calquera momento, exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición en Paseo San Juan Bosco, 62 08017 BARCELONA (BARCELONA). Email: arco@edebe.net, achegando copia do seu DNI.

Os datos deberán ser facilitados polo participante de forma veraz, en particular, é moi importante que o enderezo de correo electrónico sexa correcto xa que este será o principal medio de comunicación cos participantes. Calquera comunicación falsa de datos persoais daralles dereito aos organizadores do presente sorteo a descualificar o gañador polo este acto.

DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, que a participación se realizase fóra das datas indicadas anteriormente, ou que os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.

Vixiaranse as actividades fraudulentas e darase lugar á exclusión ou a descualificación do usuario cando se observen comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos ou malintencionados, como votarse un mesmo desde diferentes contas creadas especificamente para esta fin.

Calquera indicación falsa ou indicios de identidade ou fraude permitiralle a EDEBÉ a descualificación inmediata do participante de forma unilateral e sen necesidade de notificación ou xustificación algunha ante o participante.

EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, EDEBÉ non se responsabiliza dos posibles fallos ou anomalías do servizo ou a conectividade ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio/s que obteña desta Promoción.

ACEPTACIÓN E CAMBIOS

O simple feito de participar no presente sorteo implica a aceptación íntegra das presentes Bases, así como a aceptación expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice EDEBÉ. En caso de non ser aceptado o premio segundo consta nestas Bases, entenderíase que se renuncia ao mesmo e neste suposto o sorteo declararase deserto.

EDEBÉ resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas Bases Legais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

No caso de que o presente sorteo quedase suspendido por causas de forza maior, EDEBÉ quedará eximido de calquera responsabilidade sobre o mesmo.

INCOMPATIBILIDADES

Non poderán participar no sorteo os empregados ou familiares directos ou indirectos de EDEBÉ. Non poderán participar tampouco os provedores e colaboradores que participen na elaboración e/ou xestión deste sorteo, así como os seus familiares directos en primeiro grao.

LEXISLACIÓN APLICABLE, FISCALIDADE E XURISDICIÓN

Estas Bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese expoñerse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas Bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Barcelona.

Correrán a cargo dos gañadores os impostos e gastos – calquera que sexa a súa natureza que puidesen derivarse dos premios, como o custo do desprazamento para asistir ao evento (EDEBÉ non se responsabiliza deste custo).